Volve Ireki Gaiola despois dunhas breves vacacións e faino con tanta enerxía coma sempre! Esta semana traémosvos a sección de actualidade, na que falaremos de literatura, música, premios e, por suposto, lingua. Na axenda cultural porémosvos ao día de moito do que se está a organizar nestes días por Galiza adiante (e por Bilbo!), que non é pouco! Volve Redeiras, para falarmos nesta ocasión da sindicalista Dolores Blanco Montes. E para rematar, na nosa sección de cinema falaremos do filme documental de Víctor Coyote Traballadores do contrabando. Todo isto, coma sempre, acompañado da mellor música galega e a mellor das nosas intencións!
Deskargatu hemen.