No programa desta semana Galizaleak estará máis presente ca nunca! Estivo connosco Arsenio Iglesias, o seu presidente, para facernos unha valoración das 2. Galiziar Jardunaldiak e falarmos tamén do día a día da asociación. Ademais poderedes escoitar a entrevista que hai unhas semanas fixemos a Guillerme Ignacio Costa e Xulia Feixoo […]
Galizaleak
Como prometimos hai tempo, volvemos esta semana cunha nova Treboada musical literaria. Escoitaredes poemas de diversos autores da nosa literatura, como Xela Arias, María Xosé Queizán, Manolo Rivas, Carlos Casares, Lois Pereiro, Díaz Castro… Todos eles a través de versións musicais de grupos tan interesantes como Blues do País, Berrogüetto, 2naFronteira, BraAgas, […]
No programa de hoxe ímosvos poñer os dentes longos coas Galiziar Jardunaldiak que Galizaleak organiza esta fin de semana en Bilbo! Contarémosvos máis polo miúdo qué ides atopar os que vos acheguedes este venres e sábado ás nosas xornadas: palestras, concertos, bertsolaritza, regueifa… e moito máis! Ademais, no Redeiras contarémosvos a historia […]
Esta semana traémosvos o Festival de Cans a Ireki Gaiola! Falamos con Alfonso Pato, o seu director, quen vos descubrirá parte do encanto dese festival ao que non ides faltar dende o momento en que o coñezades! Tomade boa nota, porque do 24-27 de maio tedes unha cita coa cultura galega e co […]
No programa desta noite achegámonos a algúns dos intérpretes máis destacados do jazz actual. O noso país conta cun importante número de músicos de jazz recoñecidos a nivel nacional e internacional, ás veces descoñecidos para o público xeral. Temos tamén algunha discográfica adicada exclusivamente ao jazz en galego, co que […]
Volve Ireki Gaiola despois dunhas breves vacacións e faino con tanta enerxía coma sempre! Esta semana traémosvos a sección de actualidade, na que falaremos de literatura, música, premios e, por suposto, lingua. Na axenda cultural porémosvos ao día de moito do que se está a organizar nestes días por Galiza adiante […]
Esta semana traémosvos unha Treboada ben especial! Para os que, coma nós, crecestes co Xabarín Club vai ser imposible que non berredes as cancións que temos preparadas para esta ocasión. Na segunda metade dos 90 o Xabarín converteuse nun fenómeno social con máis de 100.000 rapaces afiliados que cada tarde […]
Esta semana, ademais da actualidade dos últimos días e dunha boa axenda cultural, temos tamén dúas entrevistas ben interesantes. Hai un par de semanas estivo connosco Ledicia Costas en Bilbo e hoxe compartiremos convosco a estupenda entrevista que tivemos ocasión de lle facer. E falaremos tamén cun dos integrantes da […]
En Ireki Gaiola, igual que na Galiza, temos unha cultura musical que chega aos máis variados estilos. E así de variada é a Treboada musical desta semana, na que vos traemos unha selección de temas daqueles discos que se veñen de publicar nos últimos meses, para que esteades ben ao […]
Neste mes celébrase o Play Doc en Tui. O festival internacional de Documentais selecciona cinco títulos que toman o pulso ao panorama internacional do cine documental. Entrevistamos ao seu director, Anxo Sánchez, para achegarnos ao festival…e xa veredes que ganas vos entran de ir! Ademáis da sección de Cinema, contamos […]