No programa desta noite achegámosvos un bo feixe de novidades culturais! Entre actualidade e axenda cultural, informarémosvos dos novos traballos de bandas como Nao e Ezetaerre, e de tódalas propostas vencelladas á cultura galega que van chegar estes días a Euskal Herria: Ses, Ledicia Costas, Uxía… E que non falten as entrevistas! Falaremos co escritor […]

A Treboada Musical desta semana vén máis chea de literatura que nunca, pois hoxe traémosvos un feixe de versións musicais das obras de autores máis que coñecidos da nosa historia literaria. Dende os comezos da literatura galego-portuguesa coas cantigas medievais, percorreremos a nosa historia a través dos versos de Rosalía, […]

Onte tivemos a última treboada Bravú. Revistas, creatividade, feira das mentiras, novos tempos e sempre selección galega XA! Gaurkoan azken Bravú musika ekaitza izan dugu. Aldizkariak, sormena, gezurren azoka, garai berriak eta beti galiziar selekzioa ORAIN! https://bilbohiria.com/docs2/2017/irekigaiola/170208_irekigaiola_dabide.mp3 Deskargatu hemen.  

Comeza o mes de febreiro, o mes do Entroido, e nós comezámolo cun Ireki Gaiola cargado de actualidade, cultura e entrevistas. Falamos de Regueifa con Alba María e tamén con Xurxo Souto do proxecto Xangai, un tren que volta a unir Galiza e Catalunya, migración e cultura. https://bilbohiria.com/docs2/2017/irekigaiola/170202_irekigaiola.mp3 Deskargatu hemen. […]

No Ireki Gaiola de hoxe atoparedes as habituais seccións de actualidade e axenda cultural, seguido dun Redeiras no que nos adentraremos na caza de bruxas da man de Maria Soliña, a entrevista á voz de Cintaadhesiva, Silvia Penas, e algunha outra sorpresa. Todo coa mellor música para quentármonos os corpos […]

Chega o Nadal e no programa de hoxe animámosvos a celebrar estas festas con sentidiño. Por iso falaremos de consumo responsable e darémosvos unha longa listaxe de actividades culturais e de lecer que terán lugar estes días no noso país. Ademais de temas de actualidade e da nosa sección de […]