No programa desta noite achegámonos a algúns dos intérpretes máis destacados do jazz actual. O noso país conta cun importante número de músicos de jazz recoñecidos a nivel nacional e internacional, ás veces descoñecidos para o público xeral. Temos tamén algunha discográfica adicada exclusivamente ao jazz en galego, co que […]
Ireki gaiola
Galiza eta Euskal Herria elkartzen diren irrati saioa da, galegoz eta euskaraz, topikoak apurtu eta Galiza errebeldea, egungoa, feminista aurkezten dizuegu Galizaleak elkarteko kideok egiten dugun saio honetan. Aktualitatea, musika, literatura eta beste hainbat kontu. Ostiraletan 20:00etan, errepikapena igandeetan 21:00etan.
Volve Ireki Gaiola despois dunhas breves vacacións e faino con tanta enerxía coma sempre! Esta semana traémosvos a sección de actualidade, na que falaremos de literatura, música, premios e, por suposto, lingua. Na axenda cultural porémosvos ao día de moito do que se está a organizar nestes días por Galiza adiante […]
Esta semana traémosvos unha Treboada ben especial! Para os que, coma nós, crecestes co Xabarín Club vai ser imposible que non berredes as cancións que temos preparadas para esta ocasión. Na segunda metade dos 90 o Xabarín converteuse nun fenómeno social con máis de 100.000 rapaces afiliados que cada tarde […]
Esta semana, ademais da actualidade dos últimos días e dunha boa axenda cultural, temos tamén dúas entrevistas ben interesantes. Hai un par de semanas estivo connosco Ledicia Costas en Bilbo e hoxe compartiremos convosco a estupenda entrevista que tivemos ocasión de lle facer. E falaremos tamén cun dos integrantes da […]
En Ireki Gaiola, igual que na Galiza, temos unha cultura musical que chega aos máis variados estilos. E así de variada é a Treboada musical desta semana, na que vos traemos unha selección de temas daqueles discos que se veñen de publicar nos últimos meses, para que esteades ben ao […]
Neste mes celébrase o Play Doc en Tui. O festival internacional de Documentais selecciona cinco títulos que toman o pulso ao panorama internacional do cine documental. Entrevistamos ao seu director, Anxo Sánchez, para achegarnos ao festival…e xa veredes que ganas vos entran de ir! Ademáis da sección de Cinema, contamos […]
Durante séculos as mulheres forom relegadas a um segundo plano no eido musical. Máis a discriminaçom da mulher na música nom foi um feito isolado, posto que, em toda-las artes as mulheres sempre ocuparom um papel marginal. Assím, é dabondo conhecido que algumhas compositoras e escritoras tiverom que valer-se de […]
No programa desta noite achegámosvos un bo feixe de novidades culturais! Entre actualidade e axenda cultural, informarémosvos dos novos traballos de bandas como Nao e Ezetaerre, e de tódalas propostas vencelladas á cultura galega que van chegar estes días a Euskal Herria: Ses, Ledicia Costas, Uxía… E que non falten as entrevistas! Falaremos co escritor […]
A Treboada Musical desta semana vén máis chea de literatura que nunca, pois hoxe traémosvos un feixe de versións musicais das obras de autores máis que coñecidos da nosa historia literaria. Dende os comezos da literatura galego-portuguesa coas cantigas medievais, percorreremos a nosa historia a través dos versos de Rosalía, […]
No programa de hoxe animámosvos a desfrutar do entroido e temos unha chea de seccións interesantes: Redeiras, Cine, coma sempre a nosa axenda cultural e a actualidade desta semana e… contamos tamén cunha entrevista ben xeitosa, xa que Ireki Gaiola estivo o venres día 3 no concerto de Heredeiros da […]
